Estimadas familias,
Temos o pracer de anunciarvos que, un curso máis, imos a seguir ofrecendo actividades para as familias e o alumnado, tanto en horario lectivo como extraescolares.
Este curso temos en marcha xa algúns proxectos dos que vos iremos informando puntualmente, grazas á concesión de dúas subvencións: a de IGUALDADE da Xunta e a de DA ESCOLA Á GRANXA da Depuntación. Ademáis de outras dúas dependentes do Concello, solicitadas.
Promoveremos, como ata agora, actividades lúdicas e formativas para toda a familias, e seguiremos a ter unha persoa representante no Consello Escolar, que poderá achegar as nosas inquedanzas e aportacións para o bon funcionamento do colexio.
Aproveitamos a ocasión para darlles á benvida ás novas familias que empezan a súa andaina con nós este curso.
Xa podedes facervos familia socia a través da aplicación.
SOMOS COMUNIDADE EDUCATIVA E XUNT@S FACEMOS A DIFERENCIA
