
Desde bebé Sonólicus durmía ben pegadiño á fiestra, e o último que vía antes de pechar os ollos era unha faciana redonda e resplandecente…
Se queredes saber como continúa a historia tedes unha grande oportunidade o XOVES 26 DE SETEMBRO ás 16:00 h. no XIMNASIO do CEIP Casás. Abrimos o telón para presentar da man da compañía UBÚ TEATRO esta obra para público familiar que forma parte do ciclo de teatro profesional da Área de Cultura da Vicedeputación de Lugo.
Non vola podedes perder!