VIEIROS SEGUROS

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:26 de diciembre de 2024
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Estimadas familias.

Comprácenos informarvos que o Concello de Lugo pon en marcha de novo o programa dos vieiros seguros, que comezará no 2º trimestre e durará ata que remate o curso lectivo, para o alumnado de primaria.

Adxuntamos o pdf informativo do programa, onde atoparedes unha enquisa para que a cubran os nenos e as nenas de maneira voluntaria.

vieirosescolares

Para apuntarvos ao programa debedes enviar un correo á dirección anpaabella@gmail.com poñendo no asunto VIEIRO SEGURO. Necesitamos saber o número de nenos e nenas e o curso académico e a dirección. Non é necesario ser familia socia, pero as socias terán prioridade en caso de haber unha alta demanda., así que indicade o número de socia no correo. Para que o programa se poida levar a cabo ten que haber un mínimo de 10 inscrit@s.

Tedes de prazo ata o 8 de xaneiro para inscribirvos.

 

Deja una respuesta