suspéndense as clases o martes 29 de abril

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:28 de abril de 2025
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que este martes non haberá clases nos centros educativos de Galicia nin actividade lectiva nas escolas infantís, debido ao apagamento que afecta o territorio desde o mediodía deste luns.

A decisión foi adoptada no Centro de Coordinación Operativo Integrado (Cecopi), encargado de xestionar os efectos do apagamento na comunidade.

Ademais, tamén se suspenderá a actividade nos centros de día de maiores e de atención á discapacidade. A actividade deportiva federada quedará igualmente cancelada durante a xornada.

Máis info: https://www.g24.gal/-/a-xunta-suspende-a-actividade-lectiva-nos-colexios-este-martes-polo-apagamento

 

Deja una respuesta