Regresa a G-Night cun laboratorio vivo do solo galego, un láser para transmitir a enerxía no espazo e a posibilidade de converterte nun porco celta como novidades.
A Noite Europea das Persoas Investigadoras, organizada en Lugo por XuvenCiencia e AgroMar, ofrece unha trintena de actividades e obradoiros para todas as idades. Será o venres 26 de setembro desde as 18.00 horas na Praza de Abastos e no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros.
Toda a info no enlace: