Estimadas familias, docentes e profesionais do ámbito educativo:
Dende COCEMFE-COGAMI convídannos a participar en dúas accións formativas on-line que se levarán a cabo proximamente e que están dirixidas a todas as persoas interesadas en mellorar a educación e o acompañamento de nenos/as e mozos/as.
Estas formacións están pensadas para ofrecer ferramentas prácticas, xerar reflexión e crear un espazo de intercambio entre todos os axentes educativos.
Compartímosvos un arquivo coa información máis detallada de cada acción formativa (contidos, datas e horarios).
Lembrámosvos:
👉 A participación é de balde.
👉 Para asistir, só é necesario inscribirse nas seguintes ligazóns (podedes facelo desde aquí ou desde o propio arquivo, como vos resulte máis cómodo):
🔗Evento 20/10: https://www.cocemfecrm.es/CRM/servidor_html/formularios/educacion/ei_lugo/mixto_ei_lugo_Minclusivas.html
🔗 Evento 10/11: https://www.cocemfecrm.es/CRM/servidor_html/formularios/educacion/ei_lugo/mixto_ei_lugo_Ainclusion.html
O traballo conxunto entre familia, escola e comunidade é clave para construír unha educación máis inclusiva, consciente e enriquecedora.
Moitas grazas!!!!