A adolescencia é unha etapa chea de cambios e retos para as familias, pero tamén pode ser unha etapa chea de risas e complicidades. Queremos acompañar e soster á nosa cativada no seu camiño cara a adultez, e para elo nada mellor que facer tribu e comunidade con outras familias coas mesmas inquedanzas.
Grazas Paula López Núñez por aportarnos ferramentas para estar presentes na adolescencia dxs nosxs nenxs sen desesperarnos no intento
Se queredes saber máis aínda estades a tempo de apuntarvos á seguinte sesión, onde aprenderemos como abordar conversas incómodas e necesarias cós nenos e nenas pre e adolescentes.
Podedes apuntarvos no seguinte enlace:
Estas formacións podémolas levar a cabo grazas a unha subvención que nos concedeu Educación do Concello de Lugo.