SUBVENCIÓN DA ESCOLA Á GRANXA

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:17 de marzo de 2026
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Dende a ANPA ABELLA DO CEIP CASÁS vimos de solicitar a subvención que concede a DEPUTACIÓN DE LUGO, MEDIO RURAL para a realización de visitas por parte do alumnado a empresas do sector primario da nosa provincia e a realización de obradoiros no centro escolar relacionados coa gandeiría, agricultura e/ou ecoloxismo.

Este ano solicitamos a realización de 2 OBRADOIROS no centro escolar, para 25 alumnxs de primaria cada un, 1 VISITA a unha gandeiría, para 50 alumnxs de primaria, e 1 visita a unha empresa agrícola, tamén para 50 alumnxs de primaria.

Adxuntamos pdf con máis información sobre as visitas e os obradoiros, onde, ademáis das actividades que se ofrecen, podedes ver o coste e características das mesmas. A Deputación sufraga o 95% do coste. O 5% restante faino a ANPA cós fondos propios que ten grazas ás cotas de inscrición das familias socias.

Estas axudas vímolas solicitando todos os cursos dende o 2022 porque na ANPA ABELLA traballamos por e para todas as familias e alumnado do CEIP CASÁS.

Agardamos a resolución da Deputación de Lugo.

Manterémosvos informadxs.

Saúdos

PROPOSTA BISQATO

PROPOSTA CHAMPIVIL

PROPOSTA SAT O PALOMAR

Deja una respuesta