ANIMACIÓN NAVIDEÑA AVENIDA DA CORUÑA

Do 7 ao 20 de decembro (excepto os días 8, 13 e 20 xaneiro) de 17:00 a 20:00 h, agás os sábados que será de 11:00 a 14:00 h, un Elfo entregará a todos os nenos e nenas un globo.
👉🎅 Do 21 ao 24 de decembro de 17:00 a 20:00 h (día 24 ata as 18:00 h) Papá Noel estará no seu trono na Praza Menorca recollendo as cartas de todos os nenos e nenas. Ademais, un Elfo será o encargado de colocar aos pequenos/as para que manteñan a distancia de seguridade e senten nunha cadeira para facerse a foto a 2 metros de distancia.
👉👑 Do 28 ao 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 17:00 a 20:00 h. un Paxe Real recollerá as cartas que os nenos e nenas escriban ás súas Maxestades. As cartas, serán personalizadas, farase un modelo e serán entregadas en cada comercio participante para que o propio paxe lle diga aos nenos que vaian ás tendas para cubrilas e logo o busquen pola Avenida para entregárllelas.
👉⛄ Todos os xoves un copo de neve terá un posto na Avenida da Coruña onde todas as persoas que compren nos establecementos adheridos á campaña e traian un ticket superior a 10€ (ou varios que sumen esa cantidade) terán dereito a un agasallo para elixir entre: un block de notas do nadal, unha taza, unha bóla do Nadal, ou unha axenda.
👉🎶 O 22 de decembro, día da Lotería de Nadal, haberá un grupo na rúa que nos trasladará á Irlanda antiga coas súas Christmas Carols.
☝️ Ademais habera unha decoración específica para cun abeto de Nadal nunha caixa e unhas figuras decorativas do Nadal.

Deja una respuesta