CONCURSO TRAXES DE ENTROIDO DA ANPA

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:4 de febrero de 2021
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

 

CONCURSO DE TRAXES DE ENTROIDO
Poden participar todas as familias socias da ANPA (nenas, nenos, nais, pais)
CATEGORÍAS:
1. Sostibles. Feitos con materiais naturais, de refugallo, reciclado…
2. Tradicional galego. Peliqueiros, pantallas, cigarróns, etc.
3. Variados. Imaxinación e creatividade ao poder!
PREMIOS:
Un vale de 25 € para o gañador de cada categoría, para mercar en calquera dos nosos negocios colaboradores (a elección das persoas gañadoras).
Enviade as vosas fotos ao enderezo electrónico anpaabella@gmail.com indicando a categoría ou categorías nas que participades, os nomes das persoas participantes e o número do carnet de familia socia.
Data límite, domingo día 14 de Febreiro as 23:00 horas. O luns día 15 publicaremos as fotos no Facebook, e poderedes votar pola vosa favorita até o martes día 16 ás 23:00 horas. As fotos que acaden máis “gostame” serán as gañadoras
 e poñerémonos en contacto para a entrega dos premios.
O feito de enviar as fotos da permiso para publicalas no Facebook da ANPA.
ANIMÁDEVOS A VIVIR O ENTROIDO NA CASA E PARTICIPADE!!

Deja una respuesta