OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA E FOTOCALL ARDE LUCUS

Dende Benestar Social e Igualdade da Deputación de Lugo, convídannos ao obradoiro de globoflexia que organiza a Deputación de Lugo, baixo a temática do Arde Lucus.
Os obradoiros, están dirixidos a nenos e nenas e persoas adultas (realizaranse á vez para facilitar a conciliación familiar en aulas anexas), así celebraranse este xoves 18 de xuño nas aulas de formación do Pazo de San Marcos (Canella da Deputación, 2, 27001-Lugo). Desenvolveranse a partir das 18:00 horas da tarde en dúas quendas (18:00 e 19:00) nas que haberá 20 prazas para os adultos e 40 para o público infantil. Cada sesión terá unha duración aproximada dunha hora.
Os/as menores desenvolverán deseños con globos de inspiración romana que poderán empregarse como escudos e outros elementos decorativos propios da recreación histórica. Pola súa banda, as persoas adultas crearán un photocall temático.
image.png
As persoas interesadas poderán anotarse de balde a través do correo: protocolo@deputacionlugo.org, onde terán que remitir os seus datos persoais (nome, apelidos e idade de cada participante, así como, un teléfono de contacto).
As prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de inscrición correcta. As persoas interesadas que non obtiveran praza, pasarán á lista de agarda, sendo chamadas no caso existir vacantes por baixas.
Saúdos!

Deja una respuesta