QUENES SOMOS

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:23 de noviembre de 2020
  • Categoría de la entrada:O NOSO ANPA
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

A ANPA fórmamola as familias, persoas voluntarias, nais, pais e titores preocupad@s pola educación da nosa cativada. Dende a ANPA promóvense actividades para o alumnado, grazas a que como asociación, podemos acadar subvencións para a realización de actuacións, obradoiros ou excursións.

Dende a ANPA organízanse e xestiónanse as actividades extraescolares có doble obxectivo de ofrecer ás familias novos contidos lúdico-formativos e de conciliación laboral e familiar.

Formamos parte da comunidade educativa do noso cole, sendo unha ferramenta fundamental coa que contamos as familias para defender os nosos dereitos e os das nosas fillas e fillos, e garantirlles unha educación pública de calidade.

Temos representación como familias no Consello Escolar, órgano de máxima representación, onde se toman decisións importantes e onde podemos aportar ideas, melloras e transmitir as inquedanzas das familias. É importante que como familias participemos activamente nas actividades da comunidade educativa, que está formada polos equipos docente e directivo, administrativo, de limpeza e, por suposto, as familias, para un mellor funcionamento do noso cole, o cal redundará positivamente na educación da nosa cativada. Asemade, como ANPA, temos representación no Consello Escolar do Concello de Lugo.

Tamén, seguro coñeceredes a ANPA ABELLA do CEIP Casás polas festas que ven organizando todos os anos polo Samaín, Nadal, Entroido, e fin de curso.

A pandemia trouxo, e para quedarse, a comunicación vía telemática coa nosa comunidade educativa. É por iso que seguiremos a informarvos de todas as novas fundamentalmente dese xeito: a través da nosa APP, do Facebook, instagram, whatsapp e o correo electrónico.

Son benvidas todas as persoas, nais, pais e titores, que queiran participar na ANPA, ben formando parte da Xunta Directiva e das vogalías e comisións, ou ben con calquera iniciativa ou suxestión que vos pareza interesante.

Agardamos que todas xuntas atopemos o xeito de seguir medrando como membras desta comunidade educativa.

Saúdos!

A XUNTA DIRECTIVA:

Presidenta: Carolina Pardo Martínez

Secretaria: Cristina Ouro Núñez

Tesoureiro: Óscar Trigo Castro

Voceira: Águeda Cubas García

Voceira: Lorena Bellón Santos

Voceira da muller: Cristina López Moure

Deja una respuesta