BENVIDA AO CURSO 2025/2026

Estimadas familias,

estamos quentando motores para un novo curso, coa conta atrás ilusionada dos días que faltan para comezar.

Dende a ANPA desexámosvos a todas as familias casarianas un bo comezo de curso.

Queremos lembrarvos que estamos traballando para poder ter actividades formativas e lúdicas para as nosas familias e o noso alumnado, ademáis de servir coma ponte de comunicación entre as familias e a dirección do centro, sendo posible, a través de nós,  achegarlles as vosas reinvindicacións, inquedanzas e propostas, posto que temos contacto directo coa dirección e inspección educativa, ademáis de ter representación no consello escolar.

Un ano máis poremos á vosa disposición proximamente a oferta de actividades extraescolares que comezarán a semana despois de que rematen as festas de San Froilán. Recordámosvos que estas actividades so poderá disfrutalas o alumnado de familias socias.

Xa podedes facervos socias, coma sempre, a través da app, logo de pagar a cota correspondente de 35 € para toda a familia.

Saúdos e bo comezo de curso!!

FOLLETO INFORMATIVO ANPA

 

 

 

Deja una respuesta