2º ROTEIRO SAUDABLE: SAAMASAS-RÍO MIÑO

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:6 de noviembre de 2024
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

LUGAR DE SAÍDA: FÁBRICA DA LUZ

DÍA E HORA: DOMINGO 10/11/2024 ÁS 10:30

DISTANCIA: 9 Km con variante de 6 Km

DIFICULTADE: Fácil

Estimadas familias,

Según o acordo acadado na asamble xeral, este curso deixamos de organizar os roteiros saudables como viñamos facendo ata o de agora, para pasar a incluirnos na organización dos roteiros pola comarca que levan a cabo algunhas das ANPAS da cidade de Lugo. Empezamos por un roteiro polas ribeiras altas, Río Miño arriba.

Trátase dun roteiro onde dominan as densas carballeiras e onde se poden apreciar bastantes aves acuáticas. O percorrido dispón dunha variante curta para as crianzas máis pequenas.

Coma sempre, recomendamos levar roupa e calzado adecuados, posto que, aínda que non chova, ao ir próximo ao río, podemos atoparnos con algunha zona de lama. Lembrade que: Non hai mal tempo senón un mal equipamento! E se chove, que chova!

Agardámosvos!! CAMIÑANDO XUNTXS FACEMOS COMUNIDADE

Podedes anotarvos en anpaabella@gmail.com ou no grupo dos ROTEIROS

 

Deja una respuesta