Dende a ANPA ABELLA DO CEIP CASÁS vimos de solicitar 2 subvencións que concede a XUNTA DE GALICIA en materia de igualdade e corresponsabilidade.
Por unha banda solicitamos o procedemento SI449B: Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e a loita contra a violencia cara as mulleres e o colectivo LGTBIQ+. CONSTRUÍNDO RESPECTO PARA MEDRAR EN IGUALDADE: Serán unha serie de actividades que se desenrolarán durante o mes de novembro no curso 2026/2027, en caso de que se nos conceda a axuda. Adxuntamos a memoria do proxecto para máis información.
Proxecto de igualdade CEIP Casás MEMORIA E ORZAMENTO_COPIA SIMPLE
Por outra banda solicitamos o procedemento SI436C: Axudas económicas ás ANPA: Programa do plan corresponsables para desenvolver polas asociacións de nais e pais. Con esta axuda, se nola conceden, proxectamos levar a cabo un campamento de verán no CEIP Casás, do 22/06/2026 ao 31/07/2026 e do 1/09/2026 ata o 07/09/2026. Adxuntamos a memoria do proxecto para máis información.
MEMORIA DESCRIPTIVA E ORZAMENTO VERÁN EN CASÁS 2026_COPIA SIMPLE
Estas axudas vímolas solicitando todos os cursos dende o 2022 porque na ANPA ABELLA traballamos por e para todas as familias e alumnado do CEIP CASÁS.
Agardamos a resolución da Xunta de Galicia.
Manterémosvos informadxs.
Saúdos