OBRADOIRO DE PULSEIRAS PARA O MERCADIÑO SOLIDARIO

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:23 de abril de 2025
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Dende a ANPA Abella queremos colaborar no mercadiño solidario organizado por distintas asociacións en colaboración có servizo de humanización do HULA para recadar fondos có obxectivo dun parque infantil para o área de pediatría do hospital e que será o 14 de maio no IES Leiras Pulpeiro. Imos poñer unha mesa onde venderemos as pulseiras que farán a nosa cativada, ademais de ter xogos para amenizar a xornada. Para as pulseiras faremos un taller coa cativada o martes 6 de maio de 4 a 6. Participade!

Deja una respuesta