Estimadas familias,
De momento podemos confirmarvos a concesión de 2 das subvencións solicitdas:
- DA ESCOLA Á GRANXA da Deputación de Lugo a Área de Medio Rural:
- Obradoiros Bisqato: DATA E HORAS: 05/06/2026 en horario lectivo. AULAS: 5º A e 5º B
- Visita á Granxa O Palomar: Datas: No 1º trimestre do curso 2026/2027 en horario lectivo. Cursos: Aínda sen decidir polo centro (máximo 50 alumnxs de primaria)
- Visita á explotación agrícola Champivil: Datas: No 1º trimestre do curso 2026/2027 en horario lectivo. Cursos: Aínda sen decidir polo centro (máximo 50 alumnxs de primaria)
- SUBVENCIÓN A ANPAs PARA ACTIVIDADES FORMATIVAS do Concello de Lugo:
- Sesión formativa de 2 horas de duración: Educación contra o bullying/acoso escolar: detectar, actuar e convivir. Coñeceremos os protocolos, os nosos dereitos e as obrigas dos centros educativos. Aprenderemos a detectar e a actuar sobre situacións de acoso escolar.
- Data e hora: No 1º trimestre do curso 2026/2027 en horario de tarde.
Estas actividades e formación serán sufragadas grazas ás subvencións solicitadas pola ANPA Abella do CEIP Casás, de maneira que serán gratuítas para todas as familias de Casás, porque dende a ANPA traballamos por e para todxs xs casarianxs, pero sen socixs non poderiamos facer nada, así que moitas grazas un ano máis por confiar en nós.