CAMIÑO ÁS AULAS

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:30 de abril de 2025
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Estimadas familias,

comprácenos comunicarvos que por fin vai dar comezo o servizo do Concello de Lugo de Camiño ás Aulas. Será o vindeiro luns 5 de maio. Tedes toda a información sobre as paradas,  os horarios e a empresa (e persoa) responsable no pdf adxunto.

Asemade, adxuntamos o formulario de inscrición por se algunha familia que non se apuntara antes estivese interesada. Deberíadelo mandar debidamente cuberto e asinado ao correo anpaabella@gmail.com. As familias que xa o fixérades non é necesario que o volvades a enviar. O que si nos piden a maiores é información sobre se algún dos/as nenos e/ou nenas ten NEE ou alguna condición especial de saúde. Este dato debedes comunicarllo á persoa responsable do servizo.

Grazas. Un saúdo!

Carta presentación servizo CAMIÑO ÁS AULAS CEIP Casás

formulario_inscricion CAMIÑO ÁS AULAS

 

Deja una respuesta