Estimadas familias,
comprácenos comunicarvos que por fin vai dar comezo o servizo do Concello de Lugo de Camiño ás Aulas. Será o vindeiro luns 5 de maio. Tedes toda a información sobre as paradas, os horarios e a empresa (e persoa) responsable no pdf adxunto.
Asemade, adxuntamos o formulario de inscrición por se algunha familia que non se apuntara antes estivese interesada. Deberíadelo mandar debidamente cuberto e asinado ao correo anpaabella@gmail.com. As familias que xa o fixérades non é necesario que o volvades a enviar. O que si nos piden a maiores é información sobre se algún dos/as nenos e/ou nenas ten NEE ou alguna condición especial de saúde. Este dato debedes comunicarllo á persoa responsable do servizo.
Grazas. Un saúdo!
Carta presentación servizo CAMIÑO ÁS AULAS CEIP Casás
formulario_inscricion CAMIÑO ÁS AULAS