Un ano máis podemos anunciarvos a nosa esperada festa de fin de curso. Será o venres 13 de xuño de 17:00 a 20:00 horas e estará chea de diversión!
Teremos inchable e zona de xogo para @s máis peques, xogos populares para toda a familia, merenda e animación musical, e un cañón de espuma que fará as delicias de grandes e pequen@s.
Aconsellamos que a cativada veña con roupa e calzado de reposto e gafas de mergullo para o seu pleno disfrute!!
Como sempre, a festa é de entrada libre para as familias socias que teredes que ensinar o carné na entrada. As familias non socias pagarán 10 € por cada nen@.
Agradecémosvos que vos inscribades no correo anpaabella@gmail.com antes do luns 9 de xuño, por motivos de loxística e unha mellor organización.
Vide disfrutar coa vosa ANPA!!
