CAMPAMENTO DIXITAL SEMANA SANTA

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:6 de marzo de 2025
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Estimadas familias.

Dende Cibervoluntarios achégannos a posibilidade da realización do Campamento Dixital nos días non lectivos das vacacións de Semana Santa no noso centro, en horario de 9:30 a 14:30, gratuíto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P da nosa Comunidade educativa. A cativada ten que levar o seu propio ordenador con teclado, pero, de non dispoñer dun, hai a posibilidade de traballar en parellas. Temos solicitado o uso das instalacións do CEIP Casás e o uso dos dispositivos que a Xunta pon a disposición do alumnado que sigue o programa EDIXGAL.

Para a realización do campamento necesitamos un número mínimo de alumnado, así que agradecémosvos que, de estar interesad@s, enviedes un correo electrónico a anpaabella@gmail.com poñendo no asunto CAMPAMENTO DIXITAL cós seguintes DATOS: Nome, apelidos, data de nacemento, curso, tlf de contacto e número de familia socia en caso de selo.

O prazo para inscribirse remata o luns 10/03/2025

As prazas daranse por estrito orden de inscrición e terá prioridade a cativada que sexa de familias socias.

Esperamos que a iniciativa sexa do voso interés , ademais de servir como servicio de conciliación nesas datas de vacacións escolares.

CAMPAMENTO DIXITAL SEMANA SANTA 2025

 

Deja una respuesta