Flyer_Talleres_Familias_con_logos.pdf
Estimadas familias:
Comprácenos anunciarvos que un curso máis botamos a andar coa nosa escola de familias, á que poderedes asistir tanto se sodes socias como se non, de forma gratuíta.
Desta volta preparamos 5 xornadas presenciais con 3 relatoras diferentes:
Programa formativo (5 sesións)
Sesión 1 e 2: Taller iAlma: Crianza consciente: Como educar con respecto e firmeza (MAXIMO 15 PERSOAS)
RELATORA: TAMARA GABELA LÓPEZ, educadora de familias, certificada en disciplina positiva e especialista en intelixencia emocional,
Sesión 1 – “Disciplina Positiva e estilos de crianza” LUNS 13/10/2025 – 16:00 a 17:30
- Presentación da formación.
- Que é a Disciplina Positiva.
- Estilos de crianza: autoritario, permisivo e democrático.
- Funcionamento do cerebro infantil.
- Ser amable e firme ao mesmo tempo.
- Tempo fóra positivo.
Sesión 2 – “Erros, normas e rutinas” LUNS 20/10/2025 – 16:00 a 17:30
- Os erros como oportunidades de aprendizaxe.
- Reflexión sobre o “señor castigo” e alternativas.
- Reunións familiares como espazo de comunicación.
- Elaboración de cadros de rutinas familiares.
Sesión 3:Primeiros auxilios na infancia: XOVES 23/10/2025 – 16:00 a 17:30
RELATORA: SUSANA RODRIGUEZ BARREIRO: Diplomada en Enfermaría, actualmente no servizo do 061, cunha ampla experiencia en primeiros auxilios e RCP e como relatora en diferentes cursos e congresos.
- Como actuar en caso de accidente e/ou emerxencia.
- RCP
- Curas de feridas e queimaduras.
- Atragantamento.
Sesión 4 e 5: Preadolescencia, como sobrevivir á tormenta hormonal
RELATORA: PAULA LÓPEZ NÚÑEZ, Coaching de Jóvenes y Familias, con ampla experiencia na formación de círculos de crianza, que son grupos de apoio dirixidos a familias con nenos e/ou adolescentes.
Sesión 4 – “Cómo sobrevivir á preadolescencia” MÉRCORES 29/10/2025 – 16:00 a 17:30
- Que é e que non é adolescencia/preadolescencia.
- Cambios cerebrais e emocionais nesta etapa.
- O “novo idioma emocional”: como interpretalo.
- Estratexias para acompañar dende a calma e non dende o medo.
- Como manter o vínculo e a conexión familiar.
Sesión 5 – “Falemos de…” MÉRCORES 5/11/2025 – 16:00 a 17:30
- Conversas necesarias: sexualidade, pornografía, drogas, malas compañías, horarios, toma de decisións.
- Como abrir espazos de diálogo desde a confianza.
- Fomentar o pensamento crítico en adolescentes.
- Estratexias para poñer límites de forma respectuosa e efectiva.
- Acompañar no proceso de aprendizaxe e autonomía.
Podedes anotarvos ás sesións no seguinte enlace: https://forms.gle/3i52JwnJBU1BNmuw9
Estos talleres podemos levalos a cabo de maneira gratuíta grazas a unha subvención da Área de Educación do Concello de Lugo.
A asistencia mínima para que se realicen é de 10 persoas.
Podedes ampliar a información nos seguintes enlaces;
MEMORIA DA FORMACIÓN: memoria TALLERES FORMATIVOS PARA AFMILIAS
TALLERES IALMA: TALLER iAlma
TALLERES PREADOLESCENCIA: TALLER +FAMILIA