O 15 de decembro de 2025, representantes de ANPAS GALEGAS mantivemos unha xuntanza, por petición nosa, coa Directora xeral de ordenación e innovación educativa. A nosa intención era trasladarlle a preocupación das nais e pais do alumnado galego, pola inadecuada atención á diversidade no ensino público, así como para demandar solucións e un cambio de rumbo nese actitude da consellaría.
Axuntamos nota agardando que sexa do voso interese.
Saúdos
Isabel Calvete
Presidenta de ANPAS GALEGAS.
As demanadas que achegou a nosa ANPA foron:
- Xestión das aulas específicas de cara ao curso que ven. Acábanse as preferentes e non temos profesorado para atender ás modalidades de escolarización combinadas.
- Aumentar os definitivos de PT/AL no centro. Temos unha PT e media definitiva e unha AL definitiva para 70 nenos e nenas diagnosticados.