ESCOLA DE PAIS E NAIS:“CORRESPONSABILIDADE. PROBLEMÁTICAS E ESTRATEXIAS”

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:4 de noviembre de 2024
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

A terceira pata, e quizais a máis importante do programa subvencionado do PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE  é a ESCOLA DE NAIS E PAIS.

A Escola vai dirixida aos pais e nais do alumnado do CEIP CASÁS e tratará sobre “Conciliación e corresponsabilidade: problemática e estratexias”.

Coa guía dunha facilitadora, expoñeráse a problemática actual e as tendencias en materia de conciliación e corresponsabilidade, aclarando estes conceptos e as conexións entre eles; poranse en común as experiencias e inquedanzas dos asistentes respecto aos temas que se van prantexando, para rematar concretando estratexias para a conciliación da vida laboral e familiar, o reparto de tarefas no fogar e a igualdade real. As sesións serán guiadas por unha avogada e/ou unha educadora social.

DÍAS: XOVES 21 E 28 DE NOVEMBRO

HORA: 16:00 a 18:00 

LUGAR: AULA DE MÚSICA

INSCRICIÓNS: anpaabella@gmail.com (ASUNTO: ESCOLA NAIS E PAIS CORRESPONSABLES)

cartel ABELLA CASÁS IGUALDADE

FE DE ERRATAS DO CARTEL: As dúas sesións serán de 16:00 a 18:00

 

Deja una respuesta