Dende o Servizo municipal de Prevención de Drogas e Outras Adiccións Comportamentais do Concello de Lugo, vimos de poñer en marcha unha nova actividade dentro no noso prograam de ocio +xti. Trátase dunha actividade denominada «Círculos de Desenvolvemento» que vai dirixida tanto a mocidade como a familias, o obxeto é tratar e abordar unha serie de cuestións por medio de dinámicas para que tanto mocidade como familias conten con recursos, habilidades e consellos así como asesoramento no proceso educativo abordando cuestións de interese nun espazo de traballo con profesionais abordando dun xeito ameno e práctico temáticas como:
-Fortalecemento das familias como factor de protección
-Factores de risco e protección, rol da familia, sinais de alerta, dinámica participativa.
-Estilos de vida saudable e benestar emocional
-Hábitos familiares, impacto emocional, estratexias prácticas en familia.
-Cohesión e vínculos familiares
-Tempo de calidade, proxectos familiares, dinámicas de escoita activa.
-Comunicación efectiva
-Comunicación asertiva, prevención e manexo de conflitos, ferramentas para abordar temas complexos.
-Creación dunha rede de apoio
-Apoio e coñecemento mutuo, creación de redes, mantemento do contacto.
É unha actividade de balde, adxúntase cartel da actividade: MOCIDADE E FAMILIAS
Esperando que sexa do seu interés e poder contar coa súa participación, reciban un cordial saúdo!
Francisco J. Fernández Eiros
Prevención de Drogodependencias e outras Adiccións Comportamentais
