No marco da programación organizada pola Concellería de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, temos o pracer de convidalo/a ao espectáculo pedagóxico e musical «Compositoras Clásicas», que terá lugar o vindeiro martes 17 de marzo.
Este evento, integrado no ciclo «Os martes: contos para a igualdade», correrá a cargo da recoñecida artista Esperanza Mara. A través da voz e o violoncello, a sesión busca visibilizar e poñer en valor o legado histórico das mulleres na música clásica, ofrecendo unha experiencia cultural única para todos os públicos.
Detalles do evento:
- Data: Martes, 17 de marzo de 2026.
- Hora: 17:30 horas.
- Lugar: Centro de Convivencia Maruja Mallo
- Dirixido a público: entre 4 e 12 anos
- Entrada: De balde ata completar a capacidade do local.
Será unha honra contar coa súa presenza nesta xornada dedicada á igualdade e ao recoñecemento do talento feminino na historia da música.
Atentamente,
A Concelleira delegada de Muller, Igualdade e Inclusión
María de los Ángeles Novo Martínez