TEATRO: A VIAXE DO SEÑOR LÓPEZ: 17/09/2025 ÁS 16:30. NO XIMNASIO DE CASÁS

En Casás somos moi teatreiros, por iso todos os anos aproveitamos a oferta da Área de Cultura da Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Dentro do Circuito de Teatro Profesional, embarcámonos nunha viaxe fascinante na compañía de Señor López Producións
🗓MÉRCORES 17 DE SETEMBRO ÁS 16:30 no ximnasio do Ceip Casás
En Casás abrimos o telón. Non volo perdades!
SINOPSE:

O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit.

Producións Señor López crea esta montaxe que achegará un sorriso o público familiar.

Deja una respuesta