A NOSA POSTURA CÓ E-DIXGAL

Recomendacións sanitarias e profesionais:

  1. Saúde e benestar infantil:
  • O abuso das pantallas afecta negativamente ás habilidades cognitivas e ao control emocional d@s nen@s.
  • Asociacións de pediatras, psicólogos e oftalmólogos recomendan reducir a exposición a pantallas nas idades escolares.
  • A asociación Española de Pediatría advirte que o uso prolongado de dispositivos afecta ao rendemento e á concentración.

       2. Problemas educativos:

  • Segundo a UNESCO, o exceso de tecnoloxía nas aulas pode reducir o rendemento académico.
  • Países como Suecia xa están repensando a dixitalización nas escolas.
  • O programa non ofrece materiais adaptados para alumnado con NEE.

        3. Deficiencias claras do E-DIXGAL:

  • Escasa presenza do galego (menos do 20%)
  • Distrae e dificulta a concentración
  • Menor comprensión e retención que a lectura en papel.
  • Favorece actitudes pasivas e reduce a autonomía.
  • Supón riscos para a privacidade do alumnado.

        4. Opinión das familias:

  • A Valedora do Pobo admitiu unha queixa formal contra o programa
  • Un estudo das ANPAS galegas amosa que un 70% das familias considera que E-DIXGAL non mellora nin a aprendizaxe nin as competencias dixitais.
  • 23 centros educativos xa decidiron abandonar o programa.

Deja una respuesta