Bo día, familias:
Aínda que Ludus tempori xestione os vieiros para ir camiñando á escola, só os xestiona en canto ás inscricións por correo electrónico. Debedes enviar a inscrición adxunta debidamente cuberta ao correo info@ludustempori.com.
Para consultas, dúbidas e aclaracións sobre o servizo podedes dirixirvos ao servizo de Educación no correo electrónico educacion@lugo.gal , ou ben, de maneira presencial en horario de 9:00 a 15:00 h no Centro Uxío Novoneira, ou ben, por teléfono ao 982 297 497.
Tamén podedes dirixir ás vosas consultas ou suxerencias sobre a ruta ao correo da anpa: anpaabella@gmail.com