FORMACIÓN EN LIÑA PARA FAMILAIS

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:10 de enero de 2025
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Este ano en Fapacel , inauguramos a sección de charlas informativas para familias en liña. Son charlas que versarán sobre as competencias dixitais , fomento da inclusión e realidades LGTBI+, resolución de conflictos e educación emocional.

O 29 de xaneiro comezaremos coa charla sobre competencias dixitais  onde os eixos da formación serán o control parental e o Abalar.

O seguinte mércores, 5 de febreiro, Arelas ofreceranos unha charla na que se abordarán os seguintes temas:

1. Conceptos clave para comprender a diversidade afectivo-sexual e familiar.

2. A transexualidade infanto-xuvenil, unha aproximación a súa realidade. Como acompañar a transexualidade infanto-xuvenil.

3. As familias ante xs fillxs LGTBI+.Principais formas de exercer e vivir a LGTBIfobia.

4. Marco normativo estatal e autonómico

5. ¿Qué caracteriza a unha “Escola sen armarios” ?: Exemplos de boas prácticas en centros galegos.

A seguinte sesión, celebrarase o 12 de febreiro, Co(n)razón, na cal falaremos sobre poñer límites con cariño e firmeza, ferramentas de disciplina positiva, recursos para resolución de conflictos e volver a conectar cos nosos fillos e fillas.

Por último, pecharemos esta tandada de formacións o 19 de febreiro, no cal profundizaremos  en estilos parentais, limites e normas, diferencias entre castigos e consecuencias, educando a tolerancia á frustación e potenciar a intelixencia emocional da rapazada.

Chegaravos ó correo electrónico que nos facilitedes o enlace web para que , o día e hora da charla, podades conectarvos. Utilizaremos a plataforma Webex para que preparedes os vosos dispositivos descargando a aplicación, se é que aínda non a tedes.

Recordade que as charlas son totalmente gratuitas e abertas a quen queirades asistir.

Agardamosvos, familias!!!!!!!

Formación en liña para familias

Deja una respuesta