INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE E-DIXGAL

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:13 de junio de 2025
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios
 1.No curso 2023/2024 cumplíronse os 4 anos que o CEIP Casás tiña comprometidos có programa E-Dixgal da Xunta de Galicia.
2. En xuño 2024 vótase en Consello Escolar a súa continuidade.
3. A representante da ANPA votou en contra (+info na app en O Noso ANPA, A nosa postura có E-DIXGAL )
4. Ao terse aprobado por maioría acatamos a decisión tomada democráticamente e non facemos nada.
5. Durante o curso 2024/2025 recibimos información de que había discrepancias  tanto nas datas como nos resultados das votacións entre claustro de profesores, consello escolar e resolución da Xunta. É por elo que se solicita unha nova votación neste curso, que resulta favorable á renuncia do programa en claustro e en consello escolar, celebrado o 27 de maio.
6. O 30 de maio publícase o listado provisional de centros admitidos no E-Dixgal, no cal está o CEIP Casás.
7. O 4 de xuño (dentro do prazo de 5 días hábiles) presentamos unha reclamación polos medios oportunos para que se corrixa o erro. Temos coñecemento de que se presentaron 3 reclamacións en tempo e na forma según a resolución do 13 de maio do 2025.
8. O 10 de xuño sae publicado o listado definitivo de centros adscritos e Casás segue figurando. Ao non recibir resposta da Xunta nin de Inspección Educativa, esta ANPA ponse en contacto coa persoa asesora dos centros sobre o E-DIXGAL, na Dirección de Ordenación e Innovación solicitando información. A saber:
A) A renovación fíxose de maneira automática o curso 2023/2024 ao non terse presentado solicitude de renuncia (e considerando que o Consello escolar aprobou a continuidade)
B) A duración do compromiso renovado é por 4 anos máis, salvo renuncia expresa por parte do Claustro e do Consello escolar.
C) Hai 1 mes de prazo desde a publicación da resolución definitiva (10/06/2025) para presentar un recurso de alzada contra a mesma.
D) En todo caso a decisión última é da Comisión de selección da dirección de Ordenación e Innovación da Xunta de Galicia.
9. A continuación poñémonos en contacto có Inspector de Educación do noso centro que nos confirma que as reclamacións interpostas foron desestimadas pola comisión de selección por estar o centro dentro dos 4 anos de permanencia que se estipulan a partir da renovación do ano pasado, e que a dirección do centro pode presentar un recurso de alzada.
10. Os representantes de Consello Escolar imos presentar unha solicitude dirixida á dirección do centro para que presente o recurso de alzada, alegando o refrexado no punto 8.B) do presente escrito. (salvo renuncia expresa por parte do Claustro e do Consello escolar).
11. A decisión final será sempre da Comisión de selección.
12. Na FAPACEL non teñen coñecemento de ningún centro escolar que deixara o E-Dixgal antes de rematar o prazo de compromiso de permanencia.
13. A ANPA ten un representante en Consello Escolar grazas a que hai familias que son socias. E cantos máis sexamos máis forza teremos.
Adxuntamos as resolucións para o curso 2023/2024 e a do curso 2024/2025 para unha mellor comprensión por se fose do voso interés.

Deja una respuesta