NOVA FORMACIÓN GRATUÍTA PARA AS FAMILIAS CASARIANAS: «MENORES CONECTADOS»

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:13 de febrero de 2026
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios
«Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade»

Desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional concedéronnos o programa educativo «Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade», unha iniciativa en colaboración coa Amtega dirixida ás familias (nais, pais e titores).

Este programa busca ofrecer ás nais e pais recursos prácticos para acompañar aos seus fillos e fillas no uso seguro das tecnoloxías, previr riscos en liña, protexer a privacidade e a seguridade en redes sociais, videoxogos e dispositivos móbiles, e fomentar hábitos saudables de conexión e descanso.

  • DÍA: MÉRCORES 25 de febreiro
  • HORA: 16:30 a 18:00 h
  • LUGAR: Aulario do CEIP CASÁS

Tedes toda a información no pdf adxunto: MENORES CONECTADOS

Deja una respuesta