Estimadas familias,
INFORMAMOS!
como vos explicamos na asamblea xeral, para esta anualidade 2024 temos concedida a subvención que conceden a Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. A actividade subvencionada que financia dita subvención, desenrolarase ao longo do mes de novembro, e denomínase:
EN IGUALDADE… HAI MOITO QUE FACER!
Consiste primeiramente, nunha ACTUACIÓN ESCOLAR : “UN PAI EN APUROS” de MiRCROMINA TEATRO DE TÍTERES o día 13 de novembro No CEIP DE CASÁS, en horario lectivo, da cal disfrutará todo o alumnado do cole.
Na seguinte semana, con base no visto na obra de teatro, traballarase co alumnado en cada clase en torno aos conceptos de igualdade, conciliación e corresponsabilidade. Este traballo nas aulas realizaráse a través de dous tipos de actividades:
a) DEBATES GUIADOS.
Para profundizar nos conceptos de igualdade, conciliación e corresponsabilidade; comprender e diferenciar cada un deles, e reflexar como se atopan interconectados entre sí, co apoio dunha guía, coa intervención do profesorado habitual e adaptándose a cada nivel educativo.
b) CADERNO DE ACTIVIDADES.
Proporáse aos alumnos e alumnas a realización dun Caderno de Actividades, co apoio do profesorado, en xornadas posteriores á actuación de títeres, son para traballar co alumnado os conceptos clave do Programa, empregando como referencia a historia dos títeres: a vida laboral e a vida familiar; o traballo remunerado, o traballo de coidados e os traballos domésticos; as súas semellanzas e diferencias; a diferente valoración social; a importancia dos traballos de coidados, e as ventaxas que proporcionan nivel personal, familiar e social.