Dende a ANPA Abella queremos colaborar este ano tamén coa marabillosa iniciativa de recadar fondos para conseguir un parque infantil na área de pediatría do HULA. Poñeremos unha mesa con cousiñas á venda para aportar na recadación. Se queredes facer unha doación dalgunha manualidade, xoguete, libro, o que se vos ocurra, poñédevos en contacto no correo anpaabella@gmail.com.
Deixámosvos tamén o enlace á web do colexio, que fai unha recollida de xoguetes en bo estado.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcasas/node/1143
Tedes máis información sobro o MERCADIÑO SOLIDARIO no seguinte enlace:
Grazas!!!