
Estimadas familias,
no mes de marzo o IES San Xillao propón como roteiro pola comarca:
Co gallo do día forestal e día da árbores, organizamos o roteiro dos Lagos de Teixeiro (PR-G 275) que comeza na área recreativa dos Lagos de Teixeiro (lugar emblemático para o esparcemento da cidade de Lugo nos anos 80 e 90) e permite percorrer distintas paisaxes (mirador do monte Castelo, carballeira de Labio e lagos de Teixeiro).
Neste roteiro ofrécense dúas alternativas: unha completa de 10,7 km (4h) e dificultade media-baixa con saída ás 9:30h e outra máis corta de 2,9 km e dificultade baixa con saída ás 10h
A maiores en colaboración co distrito forestal IX Lugo-Sarria da Consellería de Medio Rural, realizarase exibición para as máis peques con motobomba e brigadas forestais a partir das 12h e a plantación simbólica dunha árbore ás 13:30h.
Punto de encontro:
Inscricións a través do correo electrónico: anpaabella@gmail.com ou polo grupo de whatsapp dos roteiros.