Recomendacións sanitarias e profesionais:
- Saúde e benestar infantil:
- O abuso das pantallas afecta negativamente ás habilidades cognitivas e ao control emocional d@s nen@s.
- Asociacións de pediatras, psicólogos e oftalmólogos recomendan reducir a exposición a pantallas nas idades escolares.
- A asociación Española de Pediatría advirte que o uso prolongado de dispositivos afecta ao rendemento e á concentración.
2. Problemas educativos:
- Segundo a UNESCO, o exceso de tecnoloxía nas aulas pode reducir o rendemento académico.
- Países como Suecia xa están repensando a dixitalización nas escolas.
- O programa non ofrece materiais adaptados para alumnado con NEE.
3. Deficiencias claras do E-DIXGAL:
- Escasa presenza do galego (menos do 20%)
- Distrae e dificulta a concentración
- Menor comprensión e retención que a lectura en papel.
- Favorece actitudes pasivas e reduce a autonomía.
- Supón riscos para a privacidade do alumnado.
4. Opinión das familias:
- A Valedora do Pobo admitiu unha queixa formal contra o programa
- Un estudo das ANPAS galegas amosa que un 70% das familias considera que E-DIXGAL non mellora nin a aprendizaxe nin as competencias dixitais.
- 23 centros educativos xa decidiron abandonar o programa.
