SUBVENCIÓN DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:23 de marzo de 2026
  • Categoría de la entrada:NOVAS
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Dende a ANPA ABELLA DO CEIP CASÁS vimos de solicitar a subvención que concede a DEPUTACIÓN DE LUGO, CULTURA para a realización de actividades de interese cultural.

Este ano solicitamos a realización de 4 CONTACONTOS no centro escolar, para 35 alumnxs de máis de 6 anos cada un.

Adxuntamos pdf con máis información sobre o proxecto chamado «O Baul das Palabras Esquecidas», onde, ademáis da actividade, podedes ver o seu coste. A Deputación sufraga o 95% do coste. O 5% restante faino a ANPA cós fondos propios que ten grazas ás cotas de inscrición das familias socias.

Estas axudas vímolas solicitando todos os cursos dende o 2022 porque na ANPA ABELLA traballamos por e para todas as familias e alumnado do CEIP CASÁS.

Agardamos a resolución da Deputación de Lugo.

Manterémosvos informadxs.

Saúdos.

O baul das palabras esquecidas_COPIA

 

Deja una respuesta